Aeródromo de Son Bonet
Aeródromo de Son Bonet Aeròdrom de Son Bonet
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Cidade/Illa | Palma | ||
Localización | Es Port d'Inca | ||
Elevación (msnm) | 41 metros / 135 pés | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05/23 | 1 000x22 | 3 281x72 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 1 160 | ||
Aumento pasaxeiros | 63,5% | ||
Operacións | 12 259 | ||
Aumento operacións | 5,2% | ||
Fonte: AENA[1] |
O Aeródromo de Son Bonet (IATA: SBO, OACI: LESB) é un aeródromo xestionado por Aena, situado a 4 km do centro da cidade mallorquina de Palma, no concello de Marratxí, entre as localidades de Es Pont d'Inca e Es Pla de na Tesa.
Historia e instalacións
[editar | editar a fonte]Foi inaugurado na década de 1920 despois de que algúns aviadores conseguisen aterrar onde hoxe se sitúa o aeroporto de Palma como base militar, pero algo máis tarde tamén se habilitou para recibir voos comerciais. O primeiro voo comercial que recibiu foi en 1927 e foi operado por Iberia LAE.
Entre 1936 e 1939 foi unha base militar italiana cuxa función era albergar os bombardeiros que atacaron Barcelona e Valencia durante a Guerra Civil Española, xunto coas bases de Sóller e Pollença. Deixou de recibir voos comerciais e militares a principios dos anos 60, cando se habilitou para tales fins o actual aeroporto de Palma, debido á imposibilidade de amplialo por encontrarse nunha zona urbana.
Hoxe en día é un aeroporto xestionado polo ente público AENA utilizado principalmente para voos de recreo do aeroclub e aviación xeral. O tráfico de pasaxeiros é privado e de escolas de aviación. Conta cunha pista, así como de catro hangares para albergar avionetas e aulas de instrución de pilotos. A liña 3 da EMT conta cunha parada de autobús nos arredores das instalacións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Aeroporto de Son Bonet na web de AENA Arquivado 04 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.